Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres edificios desaloxados en Salceda de Caselas por mor dun incendio de madrugada

Tres edificios desaloxados en Salceda de Caselas por mor dun incendio de madrugada

O lume comezou nos rochos dun bloque de vivendas situado no centro urbano

Interior dun dos edificios afectados polo lume
G24.gal 24/04/2024 08:03

Tres edificios de Salceda de Caselas foron desaloxados esta madrugada por mor do incendio que se declarou contra a unha da madrugada nos rochos dun bloque de vivendas situado na rúa Victoriano Pérez Vidal, no centro urbano da localidade pontevedresa.

Segundo informan os Bombeiros do Porriño, que traballaron na extinción con apoio de dotacións de Ponteareas, ademais de evacuar dúas familias que se encontraban no edificio en que comezou o lume, cumpriu desaloxar os veciños doutros dous lindeiros por mor do risco de que as chamas se propagasen polo tellado, dado que os rochos están situados no ático.

No decurso dos traballos de extinción, dous bombeiros do Porriño foron feridos de carácter leve pola caída de vigas, un nunha man e outro nun ombreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade