Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden 25 anos para o home acusado de matar outro á saída dun pub de Salceda

Piden 25 anos para o home acusado de matar outro á saída dun pub de Salceda

Tamén pide indemnizacións de 300.000 euros para a familia da vítima e que a execución da pena sexa integramente en España

Acoitelouno tres veces en zonas vitais en xuño de 2019 por tirarlle a copa no local

Imaxe de arquivo do presunto asasino de Soufian (Europa Press / Adrián Irago) Imaxe de arquivo do presunto asasino de Soufian (Europa Press / Adrián Irago)
G24.gal 18/10/2024 19:07

O fiscal pide 25 anos de prisión para o acusado de matar un home á saída dun local de copas de Salceda de Caselas na madrugada do 8 de xuño de 2019.

O procesado foi detido o pasado mes de xaneiro no Reino Unido e extraditado a España por eses feitos que sucederon fai máis de 5 anos e que acabaron coa vida de Soufian M.

Segundo recolle o escrito de acusación, aquel 8 de xuño de 2009, ás 04:50 horas, a vítima atopábase na terraza do bar A Parchita cuns amigos e o agresor achegouse a el. Tras charlar un breve instante, recriminoulle de forma violenta que lle tirase a copa, empuxouno, colleuno pola camiseta á altura do ombreiro e comezou forcexar con el á vez que o levaba en dirección ao Concello.

No camiño, o agredido caeu ao chan e o acusado sacou por sorpresa un coitelo que lle cravou ata en tres ocasiones en zonas vitais, tras o que saíu correndo.

O ferido logrou erguerse e saír correndo detrás do acusado ata que chegou a un banco situado fronte ao consistorio no que sentou agarrándose a zona do estómago. Renovou a marcha, pero despois caeu esborrallado e faleceu debido a unha hemorraxia externa e interna masiva con perforación do corazón.

O fiscal pide a execución íntegra da pena en España e, se accedese ao terceiro grao ou se lle concedese a liberdade condicionada, ao carecer de arraigamento aquí, pide a súa expulsión do territorio nacional e prohibirlle o seu regreso en 10 anos.

Tamén reclama indemnizacións de case 300.000 euros para os pais e irmáns da vítima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade