Denis Suárez despídese: "Véxome na obriga de marchar, esta sempre será a miña casa"
Denis Suárez despídese: "Véxome na obriga de marchar, esta sempre será a miña casa"
Denis xogará cedido no Español ata final de temporada
O Celta recibirá 200.000 € agora e outro pagamento se os 'pericos' quedan en Primeira
Esta mañá realizou o primeiro adestramento
Cun vídeo nas súas redes sociais, Denis Suárez despediuse do celtismo con esta mensaxe:
"Hoxe véxome obrigado a marchar, pero esta sempre será a miña casa. Balaídos e vós sempre iredes no meu corazón. Grazas por todo. Volverei"
Hoy me veo obligado a marchar, pero esta siempre será mi casa. Balaídos y vosotros siempre iréis en mi corazón. Gracias por todo. VOLVERÉ. pic.twitter.com/4R7tnPoFvL
— Denis Suarez (@DenisSuarez6) January 31, 2023
Denis Suárez pasou onte pola tarde o recoñecemento médico e hoxe adestrará ás ordes de Diego Martínez como novo xogador do Español. Segundo o Galicia en Goles da Radio Galega, o Celta recibirá 200.000 € agora e outro pagamento se os 'pericos' quedan en Primeira.
Vengo donde quería y no puedo estar más feliz por esta oportunidad que me da el Espanyol. Mi agradecimiento se verá en el campo. Ganas de empezar ya! #RCDE https://t.co/iISvHNYeyK
— Denis Suarez (@DenisSuarez6) January 31, 2023
O de Salceda de Caselas tiña a ficha máis alta dos xogadores do Celta e iso permite que o club poida ir ao mercado e traer ese perfil que demandaba Carvalhal.
Denis rematou de mal xeito o que era un regreso soñado ao club no que se formou. Marchou en idade xuvenil ao Manchester City nun momento no que o Celta precisaba ingresos económicos. Oito anos despois, en 2019, volveu ao club no que xogou tres temporadas. A primeira cuns números discretos e as dúas últimas como peza imprescindible no centro do campo para Coudet.
Un problema coa súa axencia de representación e o club motivaron un forte desencontro entre Denis e o presidente Carlos Mouriño que acabou co xogador na bancada sen participar en ningún partido da temporada malia ter a ficha máis alta do plantel. A situación parecía que se ía prolongar pero a necesidade de liberar masa salarial para acometer fichaxes fixo que o Celta aceptase esta cesión no mes de xaneiro.
😏 𝐒𝐎𝐑𝐓𝐄𝐈𝐆! | Aconsegueix la samarreta de #DenisSuárezPerico!
— RCD Espanyol de Barcelona (@RCDEspanyol) January 31, 2023
1️⃣ Fes RT i like
2️⃣ Segueix a @CryptoSnack_
3️⃣ Segueix al @rcdespanyol
4️⃣ Menciona a dos amics pericos
☘️ Tens temps fins al 3 de febrer. Molta sort! #RCDE pic.twitter.com/89vrbFcyiQ