Cargando resultados...
O Celta Fortuna busca romper en Cornellá a serie de tres derrotas seguidas
O Celta Fortuna busca romper en Cornellá a serie de tres derrotas seguidas
Yoel Lago: "Malia as derrotas, a imaxe do equipo é boa en todos os partidos"
G24.gal
02/02/2024 12:20
Última actualización 02/02/2024 12:27
A xornada galega de Primeira Federación inaugúraa mañá o filial do Celta en Cornellá. Será despois de tres derrotas seguidas.
Yoel Lago: "Malia as derrotas, a imaxe do equipo é boa en todos os partidos. Xogando así chegarán os resultados".
O Celta Fortuna é a agora mesmo o cuarto clasificado, dous puntos por baixo do líder, a Ponferradina. Debido ás súas últimas derrotas ante o Gimnàstic de Tarragona, Sabadell e a última en casa ante o Dépor, o filial perdeu o liderado.
Unha nova picada para o equipo de Claudio Giráldez supoñería afastarse da pelexa polo ascenso directo.