O Celta Fortuna convence no primeiro triunfo de Fredi (4-1)
O Celta Fortuna convence no primeiro triunfo de Fredi (4-1)
O filial pasou por riba do Fuenlabrada na primeira metade, pero non sentenciou
Alfon e Fer López lideran a vitoria cun dobrete cada un
O Celta Fortuna derrotou por 4 a 1 un Fuenlabrada que deu batalla, pero que perdeu gran parte das opcións na grande eficacia dos vigueses.
O filial celeste non tardou en marcar o primeiro gol da era Fredi en Balaídos. No que foi o debut do exadestrador do Gran Peña no estadio vigués, Alfon inaugurou axiña o marcador cun bo disparo dende dentro da área. A xogada colectiva que levou ao remate, moi boa. Dez minutos despois, foi o propio Alfon o que case anota un gol antolóxico, tras deixar atrás a varios contrarios na área. Xusto despois, un remate de Raúl Blanco foi detido coa perna polo gardarredes. A insistencia celeste volveu dar froitos cando Alfon recibiu na área, encarou e chutou coa dereita ao pau curto para poñer o segundo na súa conta persoal e na colectiva do club. O partido semellaba controlado, pero nun saque de porta, un erro defensivo do filial posibilitou que Sergio Benito quedara man a man co gardarredes e recortase diferenzas.
No recomezo o filial foi mellor, e Fer López anotou o terceiro tras recoller o rexeite dun disparo que petou no traveseiro. Minutos despois, o propio Fer López gozou de dous ocasións máis para ampliar a vantaxe. Non tivo máis o Fortuna, pero si un Fuenlabrada que non se deu por derrotado e buscou un gol que o achegase á remonta. O problema, a súa falta de puntería uniuse xunto cun sólido Ruly, que evitaron que se movese o marcador. No 93', Fer López sentenciou o partido cunha gran definición.
Á espera do que suceda mañá, o filial o Celta é segundo clasificado a catro puntos do Deportivo.