Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Fortuna supera con claridade o Coruxo no Vao (0-3)

O Celta Fortuna supera con claridade o Coruxo no Vao (0-3)

Hugo Álvarez, Raúl Blanco e Mario Fuente anotaron os goles

G24.gal 12/08/2023 21:38

Enfrontáronse no Vao o Coruxo, da Segunda Federación, co Celta Fortuna, da Primeira Federación. Venceu o filial celeste por cero a tres. O primeiro gol marcouno Hugo Álvarez na primeira metade, logo dunha gran xogada colectiva moi ben resolta cunha excelente finalización.

Xa no segundo tempo, Raúl Blanco marcaría o segundo para un Celta Fortuna que amosou momentos de bo xogo. E o terceiro marcouse a tres minutos do final, logo dunha boa internada de Martín que culminou Mario Fuente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos