Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta gaña o derbi co Baxi Ferrol e dá un paso de xigante para a permanencia

O Celta gaña o derbi co Baxi Ferrol e dá un paso de xigante para a permanencia

O partido foi á prórroga (74-74) e acabou decidíndose a prol das locais (83-78)

G24.gal 03/03/2024 14:39

O Celta Baloncesto deu un paso de xigante á procura de manter a categoría co triunfo en Navia diante do Baxi Ferrol (83-78). O patido decidiuse despois dunha prórroga. 

Durante os corenta minutos a igualdade foi máxima. 20-20 no primeiro cuarto e 45-43 ao descanso. Entrou con igualdade máxima no último cuarto (59-59) e foi á prórroga despois dunha tripla de Howard no último minuto (74-74). 

Así comezaron os 5 minutos complementarios nos que as viguesas xestionaron mellor as últimas posesións con Musa e Sampson como líderes en ataque. As ferrolás erraron a tripla coa que podían volver a empatar o encontro e no contragolpe as viguesas puxeron o definitivo 83 a 78.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade