O Celta quere certificar a permanencia contra As Palmas e soñar con cotas maiores (21:00 h, TVG e Agalega.gal)
O Celta quere certificar a permanencia contra As Palmas e soñar con cotas maiores (21:00 h, TVG e Agalega.gal)
O equipo vigués busca a décima vitoria da temporada en Balaídos para sumar 42 puntos
Podes seguir o partido en directo aquí a partir das 20.30 horas
O Celta acabou de preparar esta mañá en Afouteza o partido que vai pechar a 29.ª xornada na Primeira División. Será contra As Palmas en Balaídos, nun partido que lles ofreceremos na TVG e tamén en Agalega.gal. Tras a sesión, compareceu Claudio Giráldez para confirmar que o único descarte previo á saída da lista de convocados era Williot, aínda lesionado. Tampouco pode contar con Mingueza, por acumulación de cartóns. Hugo Álvarez aínda arrastra molestias, pero entrou finalmente na convocatoria.
👥 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗢𝗖𝗔𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 ⋄ #CeltaLasPalmas pic.twitter.com/oZMyWn7iP3
— RC Celta (@RCCelta) March 30, 2025
Giráldez recoñeceu que, malia os últimos triunfos antes da parada internacional, o equipo non xogou tan ben como en anteriores ocasións. E, sobre a salvación, o técnico non a dá por pechada: “Cando considere que estamos salvados, diréivolo”, afirmou.
As Palmas visita o Celta como penúltimo clasificado cun mal balance este ano, no que só sumou tres puntos de trinta posibles, un deles na última xornada ante o Alavés. E coas Palmas volven a Vigo dous vigueses: por unha banda, Stejan Bajcetic, ao que adestrou Claudio Giráldez na súa etapa no Celta. E, por outra, Diego Martínez, o adestrador rival. Reencontrarase co estadio de Balaídos e coa afección celeste. El xogou nas categorías inferiores do Celta. Pero máis que poñer o foco na súa figura, el céntrase no colectivo porque, di, todos os partidos son especiais.