Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta quere facer esquecer a Copa gañándolle á Real

O Celta quere facer esquecer a Copa gañándolle á Real

G24.gal 08/01/2022 13:51

O Celta chegou a San Sebastián disposto a esquecer o acontecido entresemana, co pao da eliminación da Copa. Chegou coas baixas de Tapia e Solari. E con Coudet insitindo en que lles agarda un partido duro.

Duro, igualado, como o da primeira volta en Balaídos que acabou por levar a Real. 0-2. E nada máis chegar petaron tamén coas declaracións de Imanol, o técnico local. De louvanza, pero con recado final.

Porque con 23 puntos a ninguén se lle escapa que algo lle pasa a este Celta. E aínda que Coudet insiste en que non hai excusas, o certo é que cada pouco hai unha. E así escoitamos o dos erros indiviuais atrás, logo o da falta de acerto, despois que si o plantel É curto e agora a COVID, a mentalidade e mesmo as viaxes.

E todo en media temporada. E co equipo eliminado da Copa e en zona de ninguén na Liga. E todo, claro está, sen escusas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar