Cargando resultados...
O Celta vive a mesma situación que cando goleou o Real Madrid en 1997
O Celta vive a mesma situación que cando goleou o Real Madrid en 1997
Como o domingo ante o Barcelona, precisaba gañar a un Real Madrid que xa era campión de liga
G24.gal
31/05/2023 16:05
Última actualización 31/05/2023 16:12
O campión de liga que visitou Balaídos na última xornada da temporada 96/97 foi o Real Madrid de Suker, Mijatovic, Raúl ou Hierro, ás ordes de Fabio Capello.
Carnero: "Vidas paralelas. Ocorre case o mesmo. Gañamos 4-0 pero confórmome cun 1-0".
Aquel Celta de Mostovoi, Mazinho ou Gudelj salvouse con tres goles do bosnio e un de Sánchez. Un equipo con carácter e intensidade, algo diferente do actual para Moncho Carnero, segundo de Santos no 97.
"Falta a intensidade de partidos anteriores. Parece un equipo sen alma".
E para que o final sexa tan feliz coma o do 97 Carnero lémbrase a arenga no vestiario.