Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Centro de Coordinación de Emerxencias mantén a alerta laranxa por chuvia en Castelló e Valencia

O Centro de Coordinación de Emerxencias mantén a alerta laranxa por chuvia en Castelló e Valencia

Segundo Emerxencias, no litoral sur de Valencia obsérvanse acumulacións de 52 litros/metro cadrado debido a unha célula convectiva estática sobre o terzo sur da zona de aviso 

Espérase que se sigan acumulando cantidades importantes nas primeiras horas do día

G24.gal 01/11/2024 09:07

O Centro de Coordinación de Emerxencias mantén, á primeira hora deste venres, 1 de novembro, a alerta laranxa por choivas no interior norte e litoral de Castelló e no litoral sur de Valencia. Así mesmo, está decretado o nivel amarelo por choiva no litoral norte de Alacante, interior sur de Castelló e no interior e litoral norte de Valencia e o mesmo nivel amarelo por tormentas en todas as provincias de Castelló e Valencia.

Emerxencia situación 2 do Plan de Inundacións séguese mantendo na provincia de Valencia e Castelló. Segundo Emerxencias, no litoral sur de Valencia obsérvanse acumulacións de 52 litros/metro cadrado debido a unha célula convectiva estática sobre o terzo sur da zona de aviso e espérase que se sigan acumulando cantidades importantes nas primeiras horas do día.

A situación 2 en toda a provincia de Castelló é pola crecida dos caudais no río Cèrvol, Cuevas, Rambla da Viúva e barrancos da Serra d'Irta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade