Publicador de contidos
Publicador de contidos

O certame Xuventude crea premia o talento artístico novo en Galicia

O certame Xuventude crea premia o talento artístico novo en Galicia

350 artistas de entre 16 e 30 anos participaron coas súas obras nesta edición do certame

Javier Vázquez, gañador na categoría de danza moderna
G24.gal 16/12/2023 21:24 Última actualización 16/12/2023 22:18

O bailarín Javier Vázquez, na categoría de danza moderna, é un dos gañadores do certame Xuventude crea, que entregou os seus premios nesta gala celebrada hoxe na Coruña. 
Artes plásticas, fotografía, poesía, novela curta, música ou banda deseñada son algunhas das catorce disciplinas artísticas incluídas no certame. 

Nesta edición, 350 artistas participaron coas súas creacións. Xuventude crea leva catorce anos premiando o talento mozo e dando a coñecer as súas obras. 

Desde entón 4.700 creadores de entre 16 e 30 anos participaron neste certame, no que tamén teñen cabida a creación de videoxogos, a moda ou o deseño de xoias. As obras finalistas nestas dúas últimas categorías expóñense na igrexa da Universidade de Santiago ata o 9 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade