Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Chicle declárase non culpable da agresión sexual a súa cuñada, que reitera que a violou "coitelo en man"

O Chicle declárase non culpable da agresión sexual a súa cuñada, que reitera que a violou "coitelo en man"

Antes do inicio do interrogatorio, José Enrique Abuín Gey pediu que lle retirasen as esposas: "Quixera que se me xulgase como José Enrique Abuín Gey, non polo alias"

O Chicle asegurou que a súa relación coa súa cuñada era "tensa" porque ela o acusara "de cousas que non pasaran" con carácter previo á denuncia por agresión sexual en 2005, que negou

A cuñada do Chicle afirma que a violou, "coitelo en man", por ser "chivata"
 

G24.gal 22/11/2022 10:51 Última actualización 22/11/2022 15:32

O recluso José Enrique Abuín Gey, 'o Chicle', condenado polo crime da nova Diana Quer en 2016, declarouse este martes non culpable, pediu que non se utilice o seu alias no inicio da vista oral pola suposta agresión sexual a súa cuñada en 2005, da que se declarou non culpable:   "Quixese que se me xulgase como José Enrique Abuín Gey, non polo alias".

Pediu, ademais, que lle retirasen as esposas, pois dixo que non é "agresivo" e non vai facer "bobada ningunha".

O Chicle asegurou que a súa relación coa súa cuñada era "tensa" porque ela o acusara "de cousas que non pasaran" con carácter previo á denuncia por agresión sexual en 2005, que negou.

A Fiscalía e a acusación particular solicitan quince anos de prisión. Pero el negou ver a súa cuñada durante a mañá do 17 de xaneiro de 2005, cando se produciron os supostos feitos que se xulgan e ela tiña 17 anos. .

Na súa declaración explicou que aquel día levou á súa muller ao traballo e despois foi ao banco a por diñeiro, pois tiña que facer unha ruta como transportista e necesitaba adiantar os importes para o combustible e a comida, pero non dispoñía de efectivo.

"Recordo non ter diñeiro e, a opción miña, foi ir á casa da miña tía para ver se estaba e me prestaba diñeiro; como non estaba, decidín ir ao banco", afirmou. Dixo que estivo 45 minutos na porta do banco, onde ía pedir un adianto de cartos ante a situación extrema.

Abuín recoñeceu que naquel momento chamou ao móbil a "unha das irmás" da súa muller, pero afirmou que non lembra a cal, para dicirlle que ao mediodía iría devolverlle un diñeiro que lle debía ao seu sogro. Segundo el, ese foi o único contacto que tivo aquela mañá coa súa cuñada, coa que mantiña unha relación "tensa".

"Ela acusábame de cousas que non pasaran", agregou sobre unha conversa coa súa muller na que lle preguntou se se "propasara" con ela: "Díxenlle: 'Non quero que ela estea máis na nosa casa'", engadiu.

"Entón vostede nunca tivo ningunha relación sexual con ela?", preguntou o fiscal, con resposta negativa, "Nin consentida nin non consentida?", insistiu: "Non", repetiu Abuín. En resposta a preguntas da súa defensa, asegurou que despois daqueles feitos a relación volveu ser "medianamente normal".

Sobre un dos puntos que sinalan a Fiscalía e a acusación particular no seu escrito de acusación, relativo ao uso de preservativo naquela suposta agresión, Abuín considerouno imposible porque "nunca" os utilizaba. "Nunca compraba preservativos", manifestou sobre a presunta presenza dunha caixa no seu coche.

A cuñada do Chicle afirma que a violou, "coitelo en man", por ser "chivata"

 A cuñada do Chicle asegurou que el a agrediu sexualmente, "coitelo en man", e díxolle que o facía "por chivata".  Declarou por videoconferencia, por veces coa voz entrecortada.

Ela naquel momento era menor de idade e estudaba un ciclo de formación profesional, polo que o día dos feitos dirixíase ao instituto cando o acusado a chamou e díxolle que non collese o autobús.

Contou que lle pediu que a acompañara primeiro a Rianxo a un caixeiro. Porén di que despois se dirixiu a unha zona arborada de Lousame. Aí, segundo explicou, pechou o coche e, ameazándoa cun coitelo, a violou. Despois tamén a ameazou, dixo, con que os mataría a todos se contaba o acontecido.

"Pechou o coche, eu non podía saír porque tiña as portas pechadas. Colleume o móbil, mirouno e gardouno. Despois sacoume un coitelo ou navalla e ameazoume. Díxome que me espise", proseguiu.

A denunciante manifestou que lle pasou "o coitelo pola garganta" e esixiulle unha felación, ao que ela se negou. "Co coitelo na man, púxomo no costado e botouse encima de min. Con cada movemento notei unha leve picada, entón quedei inmóbil, só quería que terminase e irme de alí", proseguiu.

Nesta primeira sesión do xuízo declarou tamén a irmá, á que a presunta vítima lle contou o acontecido. Dixo que a apoiaba, pero que, cos anos, volveu ter boa relación con José Enrique Abuín. Mesmo recoñeceu a preguntas do fiscal, que no caso de Diana Quer el lles pediu que mentisen e asegurou que así o fixeran para apoialo.

José Enrique Abuín, condenado a prisión permanente revisable polo crime de Diana Quer, enfróntase agora a unha pena de 15 anos de cadea por un delito de agresión sexual á súa cuñada, xemelga da que daquela era a súa muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade