Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CHUAC comeza a reprogramar operacións por mor da covid

O CHUAC comeza a reprogramar operacións por mor da covid

O Hospital Universitario tamén vai iniciar o traslado de pacientes ao Teresa Herrera

Todo está contemplado no plan de continxencia para facer fronte ao aumento de contaxios

G24.gal 17/01/2022 20:07

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña comenzou a reprogramar operacións nos casos necesarios por mor da situación que xerou a pandemia, pero sen deixar de facer as intervencións urxentes.

Ademais, o Hospital Universitario, que ten cinco plantas ocupadas por persoas enfermas da covid-19, tamén vai iniciar o traslado de pacientes ao Teresa Herrera, tras derivar algúns ao Abente e Lago.

Todo está contemplado no plan de continxencia para facer fronte ao aumento de contaxios.

Desde o Chuac matizan que o obxectivo é “evitar a tensión hospitalaria”, e aclaran que a situación “está moi afastada das cifras doutras vagas”, onde o número de hospitalizados era maior.

Segundo os datos facilitados este luns polo Servizo Galego de Saúde, o número de ingresados na área sanitaria da Coruña e Cee é de 134, dos que 14 están na Unidade de Coidados Intensivos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade