Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cine, a música e a política marcan as tendencias dos disfraces de Entroido

O cine, a música e a política marcan as tendencias dos disfraces de Entroido

O de Barbie e Ken están esgotados

G24.gal 31/01/2024 20:04 Última actualización 31/01/2024 20:45

A tenda Don Disfraz de Ponteareas, o almacén de disfraces máis grande de España, é un bo lugar para collerlle o pulso ao Entroido. Segundo o seu xerente Roberto Domínguez, de aquí sairán máis de 100.000 pedidos. Entre eles están os disfraces máis demandados deste ano.

O cine marca tendencias, por iso os de Barbie e Ken están esgotados. Hai outros que combinan bo humor, actualidade política e crítica social. Este ano lanzaron o da botella de aceite Cabronel facándose eco da suba deste produto no mercado, e está a ter moito éxito. Outra novidade é o denominado Gústame a froita en referencia a recentes decalaracións no mundo da politica.    

A música tamén marca tendencia especialmente entre os pequenos que preguntan polo disfrace da cantante Aitana, aínda que tamén triunfan clásicos coma os de piratas ou princesas. 

Moitos destes disfraces sairán do almacén galego de Don Disfraz para ser repartidos nun máximo de vinte e catro horas por toda a nosa comunidade autónoma e por diferentes cidades españolas e europeas de Alemaña, Francia, Italia ou Portugal 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade