Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CIS triplica a vantaxe do PSOE sobre o PP e apunta a unha forte caída de Sumar

O CIS triplica a vantaxe do PSOE sobre o PP e apunta a unha forte caída de Sumar

A enquisa realizada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas dálle unha estimación de voto ao PSOE do 32,9 por cento, por un 30,2 ao PP

Sánchez e Feijóo durante un encontro na Moncloa (EFE/Sergio Pérez) Sánchez e Feijóo durante un encontro na Moncloa (EFE/Sergio Pérez)
G24.gal 12/07/2024 13:18

O PSOE gañaría as eleccións xerais cunha estimación de voto do 32,9 por cento, 2,7 puntos por encima do PP, que quedaría co 30,2 por cento dos sufraxios. Case triplica así a súa vantaxe nun mes, segundo o último barómetro do CIS, que tamén apunta a unha forte caída de Sumar.

A formación liderada por Yolanda Díaz pasaría do 8,8 por cento dos sufraxios que lle concedía a enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas de xuño ao 6,6 en xullo, ao contrario que Podemos, que sobe catro décimas ata alcanzar o 4 por cento dos votos estimados.

Nesta sondaxe, elaborada a partir de 4.007 entrevistas realizadas entre o 1 e o 4 de xullo, a agrupación Se Acabó la Fiesta de Luis "Alvise" Pérez, que obtivo tres escanos nas eleccións europeas, sobe con forza ao gañar 1,2 puntos.

Este ascenso sitúao no 2,7 por cento dos sufraxios e como sexta forza política de ámbito español, mentres Vox se mantén en terceira posición detrás dos populares co 12,2 por cento, unha estimación que só eleva unha décima a do mes pasado.

A enquisa do CIS outorga ao BNG unha estimación de voto do 0,6 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade