Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Clínico de Santiago, pioneiro no uso da Intelixencia Artificial na rehabilitación despois dun infarto

O Clínico de Santiago, pioneiro no uso da Intelixencia Artificial na rehabilitación despois dun infarto

Unha pulseira de actividade e unha app para controlar a recuperación dos pacientes que sufriron un infarto

O Clínico, entre os tres únicos hospitais que levan a cabo o chamado proxecto Timely de monitorización tras un ataque ao corazón

G24.gal 15/02/2024 19:34 Última actualización 15/02/2024 19:54

O Hospital Clínico de Santiago é un dos tres únicos centros de Europa que participa no proxecto TIMELY de rehabilitación cardíaca con intelixencia artificial. Setenta e catro pacientes da área sanitaria de Santiago que sufriron un infarto recupéranse monitorizando o seu día a día cunha pulseira de actividade e unha aplicación no móbil que rexistra e manda os detalles ao equipo médico.

José Miguel sufriu un infarto hai algo menos dun ano. Ten unha explotación gandeira e agrícola. Durante a rehabilitación, no Clínico de Santiago ofrecéronlle a posibilidade de ser un dos primeiros en participar no proyecto TIMELY.

Unha pulseira de actividade rexistra os seus movementos. Os datos son transferidos a unha aplicación do móbil. Eses datos chegan ao equipo médico. O resultado: o tratamento de recuperación está milimetricamente controlado e o proceso é totalmente personalizado. José Miguel recoñece un cambio de vida radical.

"Ao 100 %, porque antes non me coidaba tanto. Síntome mellor porque estou máis vixiado".

O fallo cardiovascular é a principal causa de morte en Europa. O Clínico de Santiago está entre os tres únicos hospitais que, de momento, pon en funcionamento o sistema TIMELY de control na rehabilitación de pacientes que sufriron un infarto. A idea é comprobar se os pacientes que participan neste programa logran reducir os riscos nun nivel superior aos que non participan.

"Para demostrar cientificamente se isto que é unha hipótese se demostra e os pacientes melloran os seus parámetros analíticos de colesterol, glicosa, marcadores inflamatorios, a súa capacidade funcional medida nunha proba de consumo de osíxeno", explica o cardiólogo Carlos Peña.

Un grupo de investigadores de hospitais e universidades internacionais participan estes días no Hospital Clínico de Santiago en charlas e grupos de traballo que profundizan no uso da Intelixencia Artificial e aplicacións móbiles para medir a recuperación e os riscos dos enfermos con fallos cardiovasculares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade