O CNI atopa rastros do programa Pegasus no móbil de Grande-Marlaska
O CNI atopa rastros do programa Pegasus no móbil de Grande-Marlaska
De confirmarse a infección, Grande-Marlaska sería o terceiro membro do Executivo que sofre os ataques do programa espía israelí
A directora do CNI comparece a porta pechada na Comisión de Segredos Oficiais
O Centro Nacional de Intelixencia atopou rastros de programa Pegasus no teléfono móbil do ministro do Interior Fernando Grande-Marlaska e trata de verificar o ciberataque e determinar o seu alcance, segundo publica este xoves o diario El País, que cita fontes gobernamentais.
De confirmarse a infección, Grande-Marlaska sería o terceiro membro do Executivo que sofre os ataques do programa espía israelí, tras o presidente do Goberno Pedro Sánchez e a titular de Defensa Margarita Robles.
O ministro de Interior entregou ao Centro Criptolóxico Nacional tanto o móbil que utiliza agora para as comunicacións oficiais como o que usaba en maio de 2021, en plena crise diplomática con Marrocos, lembra o xornal. Neste segundo teléfono atopáronse rastros de ataque do programa de espionaxe.
Interior di que non foi informado do suposto ataque
O Ministerio do Interior non recibiu ningunha comunicación sobre o suposto ataque informático co programa Pegasus que puido sufrir o teléfono móbil do ministro Fernando Grande-Marlaska.
Fontes deste departamento indican que Interior non foi informado nin ten "resultado" do rastrexo efectuado polo Centro Nacional de Intelixencia ao terminal de Grande-Marlaska, no que, segundo apunta o diario El País, atoparon rastros do programa Pegasus e están tratando de verificar o ciberataque.