Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello da Coruña reclama un edificio legado por un indiano no 1940

O Concello da Coruña reclama un edificio legado por un indiano no 1940

Manuel Piñeiro Posse legou o edificio ao hospital municipal a cambio de ofrecer misas polo seu descanso e coidados na súa sepultura

G24.gal 09/11/2021 17:37

O Concello da Coruña reclama a propiedade dun céntrico edificio da cidade legado por un indiano en 1940 a cambio de 140.000 das antigas pesetas en misas.

Trátase da casa Escáriz, situada na céntrica praza de Pontevedra. Manuel Piñeiro Posse legouno no seu testamento ao hospital municipal a cambio de ofrecer misas polo seu descanso e tamén de coidados na súa sepultura.

Desde entón é unha fundación a que xestiona o patrimonio deste indiano que fixo fortuna en Cuba. A corporación municipal da Coruña aprobará esta semana o procedemento para consignar a cantidade necesaria para as misas e poderse conseguir así a propiedade do edificio.

Máis de 4.000 metros cadrados nunha das parcelas máis céntricas da cidade da Coruña. Un edificio do século pasado cun valor actual duns 13 millóns de euros. O seu propietario fixo fortuna en Cuba. Pero quixo que á súa morte fora destinado á saúde dos coruñeses. 

 A cambio do legado deberían ofrecerse misas polo seu descanso e coidar da súa sepultura. Ata o de agora o edificio estivo en mans dunha fundación que xestiona o legado do indiano. Pero o Concello quere cumprir a vontade do finado.

O Concello di que os veciños poden estar tranquilos e que se van respectar os contratos en vigor neste momento. Todo para cumprir a vontade dun benefactor da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar