Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello de Beade pide axuda para frear a deterioración da súa igrexa

O Concello de Beade pide axuda para frear a deterioración da súa igrexa

A veciñanza di que é preciso conservar un monumento que forma parte dun conxunto histórico artístico catalogado como Ben de Interese Cultural

Unha colaboración entre as institucións locais e a Consellería de Cultura que permitiría substituír o tellado e tamén limpar a fachada

Manchas de humidade
G24.gal 17/01/2024 14:21

A chuvia dos últimos meses agravou as humidades na igrexa de Santa María situada no municipio ourensán de Beade. Para frear a deterioración no templo por mor das filtracións de auga que entran polo tellado, o Concello busca financiamento para poder levar a cabo as obras.

A veciñanza di que é preciso conservar un monumento que forma parte dun conxunto histórico artístico catalogado como Ben de Interese Cultural.

No interior son visibles as manchas das humidades. As filtracións da auga ameazan tamén o retablo e as tallas que se conservan do escultor Francisco Moure.

Unha colaboración entre as institucións locais e a Consellería de Cultura que permitiría substituír o tellado e tamén limpar a fachada e as paredes.

Desde o Concello de Beade confirman que xa se puxeron en contacto co Bispado de Ourense e coa deputación provincial para ter axuda para obter o financiamento para levar a cabo as obras de mellora que precisa esta igrexa. Tamén están pendentes de recibir a axuda da Xunta de Galicia. 

A igrexa forma parte dun conxunto histórico artístico declarado Ben de Interese Cultural de Galicia que inclúe o Palacio da Encomenda, agora en ruínas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade