Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luz verde á reforma que permite abortar a menores de 16 e 17 anos sen permiso paterno

Luz verde á reforma que permite abortar a menores de 16 e 17 anos sen permiso paterno

A norma continúa a súa tramitación no Senado tras recibir o visto e prace do Congreso malia a opososición de PP, Vox e Cs

O proxecto de lei contén algunhas modificacións respecto ao que saíu do Consello de Ministros, que regula a obxección de conciencia e prevé baixas temporais de preparto na semana 39 e baixas por menstruación incapacitante

A ministra de Igualdade, Irene Montero (EFE/ Juan Carlos Hidalgo)
G24.gal 15/12/2022 08:25 Última actualización 15/12/2022 15:39

O Pleno do Congreso deu luz verde este mércores, cos votos en contra de PP, Vox e Cs, á reforma impulsada polo Ministerio de Igualdade que recupera o texto aprobado en 2010 e que permite ás menores de 16 e 17 anos a abortar sen permiso paterno. O texto continuará agora a súa tramitación no Senado.  

O texto tamén inclúe medidas para garantir que esta práctica se realice nos centros públicos de saúde. Para iso, crearase unha lista de profesionais obxectores de conciencia, igual á que xa se aprobou no seo da Lei de Eutanasia aprobada nesta lexislatura.  

Ademais, recolle a distribución gratuíta da pílula do día despois en centros de saúde e de servizos de saúde sexual e reprodutiva, a promoción de métodos de anticoncepción masculina, dereitos relativos á saúde menstrual das mulleres en todas as etapas da vida, unha baixa específica para as mulleres que teñan regras moi dolorosas e incapacitantes, a repartición de produtos de hixiene menstrual en institutos, prisións, centros da muller, centros cívicos ou centros sociais, ou a obrigatoriedade de impartir educación sexual en todas as etapas educativas.  

A Lei tamén contén medidas para fomentar as boas prácticas en todas as etapas do embarazo, especialmente, no parto e no posparto, entre elas, a incorporación dunha baixa preparto desde a semana 39 de xestación, que non consumirá ningún día do permiso de maternidade.  

Do mesmo xeito, prohibe a publicidade e o labor das axencias que promocionan a xestación subrogada. Unha actividade que é ilegal en España.   Durante a tramitación do texto, engadíronse ademais novas medidas.

Incluíuse, ademais, un punto polo que se impide que as institucións públicas apoien ás asociacións provida e para eliminar as sancións a médicos que practiquen abortos sen respectar o período de reflexión e sen dar información aos seus pacientes sobre políticas activas de apoio á maternidade. Do mesmo xeito, o texto recolle o acceso aos permisos de maternidade ou paternidade nos acollementos temporais e de urxencia, que se limitaban aos superiores a un ano.

A ministra de Igualdade, Irene Montero, agradeceu á maioría feminista do Congreso o apoio que van dar á reforma da lei do aborto, coa que "se dá un paso moi importante" para garantir os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres en España.

O texto legal conta con algunha modificación durante o debate deste xoves, entre elas unha emenda de Junts para mellorar a protección dos menores e persoas con discapacidade ante o uso da súa imaxe en perfís falsos ou anuncios, que non contou co apoio dos grupos socialista e Unidas Podemos pero si doutros como o do PP.

Neste caso, segundo a emenda aprobada, que reforma o Código penal, contempla penas de ata dous anos de prisión para quen use estas imaxes sen consentimento. 

Tamén o PSOE incorporou unha emenda para introducir que o persoal que practique abortos sexa "preferiblemente" especialista en obstetricia e xinecoloxía, ou baixo a súa dirección. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade