Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso autoriza a entrega á policía do ordenador do deputado relacionado co caso Mediador

O Congreso autoriza a entrega á policía do ordenador do deputado relacionado co caso Mediador

A xuíza tamén pediu documentos tributarios, correspondencia postal e electrónica, selos e calquera outro soporte que puidese ter relación cos feitos investigados

G24.gal 06/03/2023 21:03

A presidenta do Congreso Meritxell Batet autorizou a entrega á policía do computador e os efectos depositados no interior do despacho do exdeputado do PSOE Juan Bernardo Fuentes Curbelo.

Fíxoo á petición da maxistrada do Xulgado de Instrución número 4 de Santa Cruz de Tenerife, que o investiga como un dos supostos xefes do caso Mediador.

A instrutora non pediu permiso para que a policía rexistrase o despacho, senón que solicitou que o Congreso, que conta con comisaría propia, entregue a información contida nos sistemas informáticos.

Tamén pide "documentos tributarios, correspondencia postal e electrónica, selos e calquera outro soporte que puidese ter relación cos feitos investigados, mesmo documentación falsificada, útiles e demais ferramentas para levar a cabo os delitos investigados".

Fuentes Curbelo é investigado como presunto "líder da rama política" e corruptor, nun caso no que por agora foron detidas doce persoas por cargos de suposta corrupción, que van desde suborno e tráfico de influencias, ata falsidade e pertenza a grupo criminal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade