Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interior alega falta de confianza para cesar o xeneral da Garda Civil investigado no caso Mediador

Interior alega falta de confianza para cesar o xeneral da Garda Civil investigado no caso Mediador

Marlaska pide non estender sospeitas a toda a institución por "dous ou tres casos puntuais"

G24.gal 09/03/2023 16:19

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, apunta a falta de confianza como o motivo principal para cesar o xefe da Garda Civil en Tenerife, investigado por presuntas irregularidades na adxudicación de obras en varios cuarteis, incluído o da Coruña.

A suma dos contratos supera os 3 millóns de euros. E a gran maioría concedeullos a un construtor tamén implicado no caso Mediador. O sumario recolle que participou nas reunións cos supostos líderes da trama. Interior pide prudencia antes de relacionar os dous casos. 

"A Garda Civil como institución é algo máis que dous ou tres casos puntuais", dixo o ministro quen pediu esperar a ver "cal pode ser o resultado final" das investigacións.

Fuentes Curbelo pide indemnización

Mentres tanto, o exdeputado socialista, Juan Bernardo Fuentes Curbelo, investigado no caso Mediador, solicitou cobrar a indemnización que lle correspondería tras deixar o seu escano no Congreso. Case un mes despois de ser expulsado do PSOE, reclama máis de 9.300 euros tras renunciar á súa acta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade