Cargando resultados...
O Congreso valida a prórroga ata abril das rebaixas fiscais na factura da luz
O Congreso valida a prórroga ata abril das rebaixas fiscais na factura da luz
Tamén se amplía a redución do IVE das máscaras cirúrxicas, que continuará sendo do 4 %
Vaise tramitar como proxecto de lei polo procedemento de urxencia
G24.gal
25/01/2022 20:31
O Congreso dos Deputados validou esta tarde o Real Decreto do Goberno que prorroga as rebaixas fiscais na factura da luz ata o mes de abril.
A norma tramitarase como proxecto de lei polo procedemento de urxencia. Prevé tamén unha prórroga do bono social para os consumidores máis vulnerables.
E inclúe medidas no ámbito enerxético para fomentar o autoconsumo eléctrico, a despregadura de enerxías renovables e o uso do coche eléctrico.
O mesmo decreto prorroga tamén a redución do IVE das máscaras cirúrxicas, que continuará sendo do 4 %.