O Congreso pide máis policías nacionais para Galicia
O Congreso pide máis policías nacionais para Galicia
Sae adiante unha iniciativa do PP para reclamar máis axentes para catro comunidades autónomas
O PSOE invita os presidentes autonómicos a asinaren os convenios para facelo posible
O Congreso insta o Goberno a dotar con urxencia de máis efectivos policiais catro comunidades autónomas, entre elas Galicia.
A deputada popular Maribel Sánchez Torregrosa asegurou que "estas unidades viven a súa peor época, cun mínimo histórico de efectivos que ten a Andalucía e a Galicia como as principais vítimas dunha estratexia, a do Ministerio do Interior, que impide convocar a provisión de postos de traballo pendente".
O PP cifra nun 71 % a cobertura de axentes na comunidade galega con respecto á cifra legalmente adscrita. O PSOE asegura que a provisión de vacantes depende da sinatura de convenios cos gobernos autonómicos afectados.
"Invítoa a que fale co señor Moreno Bonilla, o señor Rueda, o señor Mazón e o señor Azcón, porque eles son os que teñen que asinar os acordos para que o ministerio poña en marcha este plan", respondeu o deputado socialista, Manuel Arribas.