Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso resolve o uso das linguas oficiais ao rexeitar as emendas de PP e Vox

O Congreso resolve o uso das linguas oficiais ao rexeitar as emendas de PP e Vox

A reforma prevé un prazo de seis meses para establecer todos os mecanismos necesarios para implantar o uso do catalán, do éuscaro e do galego

G24.gal 21/09/2023 08:15

O Congreso resolve este xoves a implantación definitiva do uso de todas as linguas oficiais en toda a actividade parlamentaria ao rexeitar previsiblemente con maioría absoluta as dúas emendas á totalidade, do PP e de Vox, que se debaterán no pleno.

Tras recibir o aval de 176 deputados, a reforma do Regulamento do Congreso para utilizar o catalán, o éuscaro e o galego en toda a Cámara chega ao seu trámite final a pesar das críticas de PP, Vox e UPN.

O pleno empeza á primeira hora debatendo as dúas emendas á totalidade con texto alternativo que presentaron PP e Vox e que serán votadas por separado.

Ademais, os deputados aprobaron unha emenda parcial que rexistrou o PNV e que persegue dar validez xurídica ás traducións para que as leis que se aproben na Cámara Baixa sexan publicadas polo Congreso con carácter de versión auténtica en todas as linguas oficiais do Estado.

 

Emendas á totalidade

Tamén se rexeitaron as emendas á totalidade. As dúas iniciativas do PP e de Vox perseguían rexeitar a reforma do Regulamento pero con distintos argumentos.

A emenda á totalidade de Vox, defendía que os deputados, ademais de estar obrigados a asistir ao pleno e ás comisións de que forman parte, empreguen o español tanto nas súas intervencións orais como nos escritos que presenten.

Noutro sentido, os populares destacron máis a vulneración de varios artigos da Constitución porque o Congreso está situado na Comunidade Autónoma de Madrid, onde a lingua oficial é o castelán, e ademais como institución do Estado ten como lingua oficial a do Estado, o castelán.

Por outra banda, os populares tamén cren que unha reforma de calado como é a do Regulamento deberíase facer por consenso e coa tramitación parlamentaria pertinente dentro do marco da comisión correspondente.

O certo é que os dous vetos que se votaron por separado foron rexeitados por unha maioría do Congreso, que sumará polo menos 179 deputados, os mesmos que avalaron a iniciativa: PSOE, Sumar, ERC, Junts, PNV, Bildu, BNG e CC.

Volverán escoitarse o galego, o catalán e o éuscaro

Por outra banda, ao longo deste día, e tal como ocorreu o pasado martes, os deputados puideron intervir nas súas linguas maternas e de novo volveron escoitarse as diferentes traducións simultáneas dos intérpretes.

A proposición de reforma prevé un prazo de seis meses para establecer todos os mecanismos necesarios para implantar o uso do catalán, do éuscaro e do galego, non só nas intervencións do pleno senón tamén nos escritos e nas comisións.

Coa ratificación das linguas oficiais no Congreso, a nova presidenta da Cámara Baixa Francina Armengol cumpre co compromiso que adquiriu na sesión constitutiva das Cortes para que a diversidade lingüística chegase canto antes, ademais de cumprir coas esixencias expostas polos independentistas de Junts e ERC para o seu apoio á Mesa da Cámara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade