Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso valida o decreto lei que establece 2.190 millóns en axudas para a seca

O Congreso valida o decreto lei que establece 2.190 millóns en axudas para a seca

O ministro Luis Planas defende as medidas para garantir "a seguridade do aprovisionamento alimentario e a continuidade da actividade produtiva"

PP e Vox aseguran que as accións fronte a seca son electoralistas e escasas

EFE 07/06/2023 13:00 Última actualización 07/06/2023 15:09

A Deputación Permanente do Congreso dos Deputados validou este mércores o real decreto lei que establece un paquete de medidas por valor de 2.190 millóns de euros para paliar os efectos da seca en materia agraria e de augas, con 58 a votos a favor, ningún en contra e 11 abstencións.

Desa cantidade total, o real decreto contempla máis de 636 millóns de euros en axudas directas a agricultores e gandeiros, que se complementan con medidas de apoio de ámbito fiscal, financeiro, sociolaboral, hidráulico e no da Política Agraria Común (PAC), ata alcanzar os 784 millóns en axudas para este sector.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, tomou a palabra en nome do Goberno para solicitar a aprobación do real decreto lei e defendeu que todas as medidas que contempla pretenden "a seguridade do aprovisionamento alimentario e a continuidade da actividade produtiva".

O decreto ademais das axudas a agricultores e gandeiros establece e novas infraestruturas hídricas para paliar a falta de auga. Tamén recolle a prohibición de realizar algúns traballos con temperaturas extremas, e descontos en billetes de bus e tren para mozos.

A maioría dos grupos parlamentarios apoiaron a aprobación deste real decreto lei, aínda que algúns se mantiveron á marxe e deslizaron unha serie de críticas, como o PP e Vox, que o tacharon de electoralista e escaso.

Os deputados rexeitaron que o real decreto sexa tramitado como proxecto de lei polo procedemento de urxencia, con 15 votos a favor, 18 abstencións e 34 votos en contra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade