Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aprobada no Congreso a lei de universidades, que aspira a un 1 % do PIB en investimento

Aprobada no Congreso a lei de universidades, que aspira a un 1 % do PIB en investimento

Impide subir os prezos aos estudantes, recoñece por primeira vez o paro académico e abre vías de entrada ao profesorado contratado en condicións precarias

G24.gal 09/03/2023 08:15

O Congreso aprobou por maioría absoluta a Lei orgánica do sistema universitario (LOSU) que se compromete por primeira vez a destinar como mínimo un 1 % do PIB á Universidade de aquí ao 2030, algo no que xa está a traballar o Goberno coas comunidades autónomas e os reitores.

Tras a votación das emendas do Senado, o pleno da Cámara Baixa apoiou o texto da terceira reforma universitaria en democracia por 182 votos a favor (PSOE, PNV, ERC e Unidas Podemos), 157 en contra (PP, Ciudadanos e Vox) e oito abstencións, entre elas as de Bildu, BNG e Junts.

Despois de tres anos de negociación, a lei sae adiante con múltiples cambios. Estas son algunhas das claves da lei:

- Obxectivo de investimento do 1 % do PIB de aquí ao 2030. Hoxe roza o 0,7 % de media tras unha década en que as universidades se han visto afectadas polas políticas de austeridade derivadas da crise de 2008. Este aumento vai na liña do xa acordado na Lomloe (Lei Celaá) dun 5 % do PIB de gasto no conxunto da educación.

- Para ser reitor, coa LOSU só se necesita ser funcionario (non obriga a que sexan catedráticos). Si hai que cumprir os requisitos de ter tres sexenios de investigación, tres quinquenios docentes e catro anos de experiencia de xestión universitaria nalgún cargo unipersoal.

- O estudante terá por primeira vez dereito ao paro académico -co que non se arrisca a ser penalizado por non asistir a clase ou a un exame por ese motivo- e a súa participación nos órganos de goberno da universidade alcanza un mínimo do 25 %.

- Pon un tope aos prezos das taxas universitarias, que agora só poderán manterse e/o reducirse.

- Os contratos temporais non poderán superar o 8 % -de media hoxe un 40 %- e as arredor de 25.000 prazas temporais de profesores asociados converteranse en indefinidas, evitándose así o uso inadecuado de figuras docentes como os asociados e visitantes.

- Os colexios maiores privados que teñan un réxime non mixto ou segregado non poderán adscribirse a unha universidade pública. Aqueles convenios que se atopen vixentes á entrada en vigor desta Lei, poderán manterse ata o seu vencemento, pero non renovarse.

- A formación ao longo da vida poderá desenvolverse mediante distintas modalidades de ensino, incluídas microcredenciales, micromódulos ou outros programas de curta duración.

- Democratizar a entrada á formación permanente que ofrezan as universidades ás persoas que, aínda que non posúan ningunha titulación universitaria habilitante, poidan acreditar experiencia laboral ou profesional con nivel competencial equivalente á formación académica universitaria.

- Unha carreira académica máis predicible, curta e estable, con tres etapas: acceso, estabilización e promoción. Desde o inicio os estudos de doutoramento ata a estabilización só pasarán dez anos. O acceso á carreira realizarase coa figura do axudante doutor, cun contrato de 6 anos, eliminando a acreditación para esta figura e accedendo por concurso público. Pasados estes 6 anos poderase alcanzar a estabilización a través das figuras de titular de universidade ou ben de permanente laboral, mediante a acreditación pertinente e un concurso público.

- Para evitar a histórica endogamia do sistema, en todos os concursos públicos a universidade convocante estará en minoría e os membros serán escollidos por sorteo.

- Créase unha nova figura de profesorado distinguido, coa función é captar persoas de prestixio académico e investigador, tanto nacional como estranxeiro.

- Os estudantes estranxeiros non comunitarios non terán que renovar o seu permiso de residencia anualmente e os recentemente graduados poderán quedar un ano máis sen ter que pedir unha ampliación da estancia no país.

- Axilízanse os visados por estudos para atraer talento.

- Gobernanza: exponse un modelo con catro estruturas básicas: Claustro, Consello de Goberno, Consello de Estudantes e Consello Social. O claustro será o órgano de máxima representación e participación da comunidade universitaria, garantindo sempre un 25 % de mínimo de representación do estudantado, así como unha representación do 51 % para o persoal docente e investigador.

A lei do ministro Joan Subirats substitúe á Lei orgánica de universidades (LOU), aprobada hai 20 anos polo Goberno de José María Aznar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade