Cargando resultados...
O cono principal do volcán deixa de botar lava pero as outras bocas seguen activas
O cono principal do volcán deixa de botar lava pero as outras bocas seguen activas
A Palma sufriu hoxe un terremoto de 5 graos
Varias coadas ameazan La Laguna
ana Lois
29/11/2021 21:27
O cono principal do volcán da Palma deixou de emitir lava este luns. Iso si, as bocas que se abriron este domingo seguen mantendo moita actividade.
Estas son as coadas que se dirixen cara á poboación da Laguna. Vímolas durante toda a xornada avanzando a gran velocidade. Pero tamén transportando moito material sólido que as vai facendo cada vez máis lentas.
A illa sufriu este luns un terremoto de intensidade 5. É o maior dos últimos 10 días. Durante esta xornada producíronse na Palma case 130 sismos.