O conselleiro de Sanidade celebra que se abra a posibilidade de formar máis médicos de familia
O conselleiro de Sanidade celebra que se abra a posibilidade de formar máis médicos de familia
O Ministerio de Sanidade vai constituír un grupo de traballo nas próximas semanas para darlle viabilidade a unha reforma pendente desde hai seis anos
A xuntanza Interterritorial de Sanidade abriulle a porta á posibilidade de formar máis médicos de familia e o conselleiro desta materia, Julio García Comesaña, celebraba este sábado que se impuxera a cordura.
Comesaña lembrou que o acordo para flexibilizar os criterios de acreditación de prazas de formación de medicina de familia era un compromiso incumprido desde hai seis anos. Tamén salientou que o paso dado o venres foi posible grazas á reivindicación de todas as comunidades autónomas sen excepción:
"Despois de seis anos sen mover absolutamente un dedo neste sentido, onte a presión de todas as comunidades autónomas, absolutamente todas, ao ministerio de Sanidade non lle quedou máis remedio que abrir unha vía de traballo para abordar precisamente esa cuestión, que é fundamental para a formación de máis médicos de familia e, polo tanto, resolver o maior problema que ten a sanidade pública en Galicia e en España que é a falta de médicos de primaria".