Cargando resultados...
Mar cre que o cumio de pesca de Vigo foi "unha oportunidade perdida"
Mar cre que o cumio de pesca de Vigo foi "unha oportunidade perdida"
Villares fixo estas declaracións despois de reunirse cos presidentes dos cinco autoridades portuarias de Galicia
G24.gal
21/07/2023 14:11
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, non confía en que Bruxelas levante o veto á frota de fondo en 87 zonas. Di que as declaracións que fixo o comisario esta semana en Vigo non invitan ao optimismo.
E cre que o cumio informal de pesca foi unha oportunidade perdida para Galicia.
O conselleiro fixo estas declaracións despois de reunirse cos presidentes das cinco autoridades portuarias de Galicia. Foi a primeira toma de contacto dende que Villares tomou posesión.
Pediulles aos portos coordinación para que contribúan ao desenvolvemento económico da comunidade, buscando novos tráficos e diversificando a actividade.