Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Consello de Europa pide que se permita ensinar a física, as matemáticas, a química ou a tecnoloxía en galego

O Consello de Europa pide que se permita ensinar a física, as matemáticas, a química ou a tecnoloxía en galego

Os expertos reclaman que se eliminen as limitacións que impiden impartir no noso idioma as materias científicas 

A Comisión Europea advirte de que actualmente "non se garante" que os procedementos xudiciais se podan facer en galego 

G24.gal 24/09/2024 12:12 Última actualización 24/09/2024 12:59

O Consello de Europa advirte do incumprimento dos compromisos adquiridos por España coa Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias e lanza unha serie de recomendacións ás autoridades para reverter esta situación.

Os expertos piden que se eliminen as limitacións que impiden empregar o galego como lingua de ensino en materias científicas, como matemáticas, física, química ou tecnoloxía.

Solicitan que o ensino en galego "estea dispoñible en todos os niveis", xa que, ao seu xuízo, incúmprese "parcialmente" que se garanta unha educación en galego nas etapas de preescolar. En relación á xustiza, advirten de que "non se garante que os tribunais poidan levar a cabo procedementos penais, civís ou administrativos en galego", e, no que respecta  aos órganos da administración estatal, afirman que "non se garante a tramitación de documentos e expedientes ou reclamacións" no noso idioma.

Os expertos do Consello de Europa esixen que se publiquen os textos lexislativos nacionais máis importantes nas linguas cooficiciais; lembran que o Boletín Oficial do Estado deixou de publicarse en galego en 2021 e piden que se "facilite información sobre a dispoñibilidade dos dereitos dos consumidores en galego".

Segundo os datos do informe, en Galicia o 88 % da poboación entende o galego e o 62 % é quen de escribir no noso idioma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade