Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno permite ir ao recreo sen máscara, pero a Xunta pide aclarar o protocolo

O Goberno permite ir ao recreo sen máscara, pero a Xunta pide aclarar o protocolo

O Goberno aproba a norma que elimina a obrigatoriedade do seu uso en espazos exteriores

A Consellería de Educación agardará a que Sanidade confirme o cambio do protocolo para permitir ir ao recreo sen máscara

Os nenos poderán xogar nos patios das escolas sen ter que empregar a máscara
G24.gal 08/02/2022 12:05

Os nenos poderán "xogar sen máscaras nos colexios" a partir do próximo xoves. Será ese día cando entre en vigor a nova norma pola que se elimina a súa obrigatoriedade en exteriores que este martes aprobou o Consello de Ministros.

A voceira do Goberno Isabel Rodríguez informou da medida na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, dixo que se trataba dunha "gran noticia" para os máis pequenos, os seus pais e os seus profesores, poder estar no recreo sen a máscara. "Deron un grande exemplo de responsabilidade", afirmou.

Unha vez que se publique este mércores no Boletín Oficial do Estado poderase estar sen máscara ao aire libre, non sendo en eventos multitudinarios en que haxa que estar de pé ou, no caso de estar sentado, cando non se poida manter a distancia de seguridade de 1,5 metros.

A Xunta pide claridade

Na Xunta, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade Román Rodríguez avogou por "cumprir" os protocolos en vigor no referente ao uso das máscaras nos recreos escolares, a pesar de que este tema "non foi tratado" na pasada reunión do Consello Interterritorial de Sanidade.

A Xunta de Galicia valorou este martes que o Consello de Ministros aprobase a retirada da máscara en espazos exteriores, pero pediu claridade respecto á excepción en eventos multitudinarios.

Nun comunicado, o Goberno galego lamenta que esta cuestión non se explicou “de maneira detallada” no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde .

Por iso, ante a nova normativa anunciada, a Xunta solicita que se explique con “precisión e claridade os momentos e as circunstancias en que se vai recomendar o seu uso en espazos abertos”.

Así, opina que a norma estatal ten que especificar de forma concreta os casos e as condicións en que avoga por manter a máscara en exteriores, tanto en concertos, entradas e saídas de eventos, actividades deportivas e patios escolares, entre outros espazos abertos, independentemente do número de persoas que se concentren.

Neste sentido, o Goberno galego aposta pola relaxación do uso da máscara en exteriores e considera que todas as comunidades autónomas deben ter as mesmas normas para non entraren en contradicións, e reclama un criterio claro e oficial a fin de adoptar as medidas oportunas en eventos próximos como o Entroido.

Esta claridade e homoxeneidade servirá “para seguir trasladando unha mensaxe de responsabilidade á poboación”, conclúe a Xunta. 

Minuto a minuto

13:14

Comeza a conferencia de prensa 

13:14

A voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, confirma que a partir deste xoves se poderá ir sen máscara no exterior.

13:18

Desde o Goberno tamén confirman que os nenos non deberán empregar a máscara nos patios dos colexios. A voceira do Executivo di que se trata dunha "gran noticia" para os máis pequenos e os seus pais e profesores. "Deron un grande exemplo de responsabilidade", afirmou.

13:24

Sobre a eliminación das máscaras, Isabel Rodríguez, explica que a norma xeral é que non se empreguen en exteriores, pero sempre en interiores, e tamén eventos multitudinarios en que haxa que estar de pe, como concertos, e naqueles en que non se pode garantir o metro e medio de distancia.

13:26

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, informa sobre a aprobación do PERTE agroalimentario.

13:30

Planas di que se trata dun plan estratéxico con tres obxectivos: incremento da competitividade, da sostibilidade e a rastrexabilidade e seguridade alimentaria.

13:41

Comeza a quenda de preguntas

13:42

"España é un país seguro", di a voceria do Goberno sobre os sucesos ocorridos esta fin de semana en Madrid, onde morreron dúas persoas acoiteladas.

13:47

Planas, ante a situacións como a ocorrida en Lorca, di que o campo vive unha "situación complexa", e que o Goberno responde co actuacións para apoiar este sector.

13:50

Sobre a investigación dos abusos en institucións vinculadas á Igrexa católica, desde o Goberno din que o máis importante son as vítimas.

13:51

Respecto á votación da reforma laboral a semana pasada, desde o Executivo din que quedan con que "se logran consensos" e que esa vai seguir sendo a folla de ruta do Goberno.

13:55

"A situación de minoría fai máis meritorio o traballo que fixemos", di Isabel Rodríguez sobre o equilibrio de forzas no Congreso e os posibles pactos no que queda de investidura.

13:59

"Os partidos fan o seu traballo e o Goberno fai o seu", explica a portavoz do Goberno respecto á reforma fiscal, logo de que Unidas Podemos presentara a súa proposta neste sentido.

14:01

"Insisto no valor do Goberno de coalición, e na política útil", di Isabel Rodríguez. "O Goberno de coalición serve para iso, para mellorar a vida da xente", afirma.

14:03

"Noutros países do noso contorno xa se produciron investigacións desde tipo", di a portavoz do Goberno sobre as pescudas sobre os abusos no seo da Igrexa.

14:06

"É un elemento máis no avance na xustiza social, e vai na senda que marca o Goberno", explica a ministra sobre a suba do salario mínimo que aspiran a situalo no contorno dos 1.000 euros.

14:07

Finaliza a conferencia de prensa

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade