Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Consello de Ministros concédelle o indulto parcial a Juana Rivas

O Consello de Ministros concédelle o indulto parcial a Juana Rivas

A pena de dous anos e medio de cárcere queda reducida á metade

G24.gal 16/11/2021 11:20

O Consello de Ministros, que se celebra este martes, concédelle o indulto parcial a Juana Rivas, a muller de Granada que foi condenada a dous anos e medio de prisión por subtracción de menores ao non entregar aos seus fillos ao seu exmarido.

Esta medida supón unha rebaixa da actual pena por unha dun ano e tres meses de prisión e  conmútaselle a pena de inhabilitación para exercer a patria potestade por 180 día de traballo en beneficio á comunidade.

O indulto queda condicionado a que non cometa un delito contra os dereitos e deberes familiares durante catro anos dende a publicación do decreto do indulto.

O Tribunal Supremo opuxérase por unanimidade á concesión dun indulto total a Rivas, ao estimar que a condena era "proporcionada en relación coa gravidade dos feitos axuizados", pero non se puxo de acordo sobre o indulto parcial.

A Fiscalía apoiara a concesión dun indulto parcial, rebaixando a pena de prisión en seis meses, ata os dous anos, e deixando a inhabilitación para exercer a patria potestade en catro anos, en vez de en seis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade