A Audiencia de Granada suspende a pena de prisión a Juana Rivas
A Audiencia de Granada suspende a pena de prisión a Juana Rivas
Non poderá cometer un delito nos próximos tres anos
A Audiencia de Granada acordou suspender a pena de prisión imposta a Juana Rivas, condenada por subtracción de menores tras desaparecer cos seus dous fillos, atendendo a que Rivas non volva cometer un delito no próximos tres anos.
O pasado mércores, a Sección Primeira da Audiencia de Granada, deliberou sobre o recurso de apelación que presentou a defensa de Juana Rivas contra a decisión do Xulgado do Penal 1, que se opuxo a suspenderlle a pena privativa de liberdade que mantén pendente tras recibir o indulto parcial.
A decisión da Audiencia de Granada tivo ademais en conta que tanto a acusación pública como a particular estiveron conformes coa concesión do beneficio da suspensión.
A suspensión da pena está condicionada á obrigación adicional, solicitada pola acusación particular, de que Rivas participe en programas de parentalidade positiva, unha esixencia que ten relación directa co delito.
Juana Rivas ingresou voluntariamente no CIS Matilde Cantos de Granada o 11 de xuño de 2021 para cumprir unha condena que, tras o indulto parcial, foi reducida a 15 meses de prisión.