O Consello do Porto aproba hoxe o proxecto e convenio do tren a Lagosteira
O Consello do Porto aproba hoxe o proxecto e convenio do tren a Lagosteira
Con esta aprobación inicial poderá comezarse co proceso de expropiacións das parcelas afectadas
A Autoridade Portuaria da Coruña vai aprobar hoxe o proxecto do tren a Lagosteira. Vaino facer nunha xuntanza extraordinaria do Consello de Administración en que está previsto aprobar, de maneira inicial, o proxecto técnico do enlace ferroviario do porto exterior e o convenio que vai regular a participación de cada institución na execución desta obra.
A xuízo da autoridade portuaria, isto vai supoñer un grande avance nos trámites necesarios para licitar esta obra, coa que se busca mellorar a competitividade das empresas que traballan no recinto e facilitar tamén a captación de novos tráficos e investimentos.
Con respecto ao proxecto construtivo, a autoridade portuaria e o ADIF están ultimando a súa actualización normativa e todos os documentos necesarios.
Con esta aprobación inicial, prevista para hoxe, poderá comezarse co proceso de expropiacións das parcelas afectadas; iso garantiralle á empresa construtora ter á súa disposición os terreos no momento en que se asine o contrato de execución da obra.