Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Consello Xeral de Economistas eleva ao 1,8 % a previsión de crecemento este ano

O Consello Xeral de Economistas eleva ao 1,8 % a previsión de crecemento este ano

Polo bo comportamento das exportacións e do turismo nos dous primeiros trimestres

A inflación quedaría entre un 4 e un 4,3 %

G24.gal 23/05/2023 12:55

O Consello Xeral de Economistas mellora en tres décimas as súa previsión de crecemento para España neste 2023. Sitúana no 1,8 %, polo que se "afasta o escenario dunha posible recesión".

Tamén reducen algo a taxa de paro, ata un 12,7 %.  E calculan que a débeda seguirá medrando este ano, ata o 113 % do PIB. Dous puntos máis do que prevían nun principio.

O déficit quedaría nun 4,4 %, e a inflación, entre un 4 e un 4,3 %.

O presidente da Comisión Financiera, Antonio Pedraza, fixo un resumen "optimista" do informe e recoñece que este ano comeza con datos "moi positivos" sobre todo se se comparan co resto de Europa.

Prevén máis incertezas a partir do verán.  Queda por ver se o turismo segue tendo tanto impulso, xa que está baixando a taxa de aforro dos fogares europeos. E tamén as consecuencias da seca, "que irán máis aló do sector primario".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade