Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os concellos do consorcio das Mariñas danlle un ultimato ao da Coruña sobre a recollida do lixo

Os concellos do consorcio das Mariñas danlle un ultimato ao da Coruña sobre a recollida do lixo

Advirten de que ou lles fan unha oferta a un prezo razoable ou negociarán o servizo con outras empresas

G24.gal 19/01/2024 13:08

Oito municipios que forman parte da área metropolitana da Coruña danlle un ultimato ao concello herculino: ou presentan unha oferta de prezo razoable para seguir levando os residuos a Nostián ou negociarán con outras empresas o tratamento do lixo.

Din que poden conseguir un bo servizo a mellor prezo e tamén argumentan que a débeda moral coa Coruña pola derruba do vertedeiro de Bens está amortizada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade