Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta reunirase cos concellos a próxima semana para abordar o canon de Sogama

A Xunta reunirase cos concellos a próxima semana para abordar o canon de Sogama

Alfonso Rueda avanza que nesa reunión a Xunta explicará como asumirá o 60 % do aumento da taxa

G24.gal 13/09/2024 17:17 Última actualización 13/09/2024 17:59

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou este venres que o executivo autonómico asumirá o 60 % do aumento do canon que Sogama lles cobrará aos concellos no 2025. Rueda avanzou que as Consellerías de Facenda e Medio Ambiente van reunirse coa Fegamp a próxima semana para explicarlles como van transferir eses fondos para axudar os concellos.

O xefe do Goberno galego responsabiliza da suba ao Executivo central, porque, segundo, explicou, esta suba deriva dun imposto estatal aos residuos que aplica unha directiva europea que outros países non están executando. Rueda asegura que a Xunta apoiará os concellos e di que o sistema de xestión de residuos de Sogama é dos que mellor funciona en España.

"O que era un inmenso problema (a xestión de residuos en Galicia) foi solucionado coa colaboración de todos e coa adhesión voluntaria dos concellos a un sistema que a día de hoxe segue sendo dos máis baratos de España", dixo Rueda.

Actualmente 295 concellos galegos están adheridos a Sogama, que ten repartidas 13 plantas de transferencia de materia orgánica e outras 4 para o tratamento de biorresiduos. Alfonso Rueda visitou este venres a de transferencia que abriu hai 9 meses no concello da Lama, na que a Xunta investiu máis de 1,8 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar