Publicador de contidos
Publicador de contidos

O consumo de comida preparada aumentou nun 11 % en 2023

O consumo de comida preparada aumentou nun 11 % en 2023

O perfil dos consumidores de comida preparada é moi variado e a oferta adáptase ás súas necesidades

G24.gal 09/04/2024 20:35 Última actualización 09/04/2024 21:02

O ritmo de vida, a inmediatez e a comodidade de chegar á casa e só ter que quentala está detrás de moitas das compras de comida preparada, pero hai máis motivos para que o seu consumo estea en alza.

Edelmiro Vidal, xerente de Tahona, explica que agora as familias son máis pequenas e lles sae máis rendible ante o encarecemento das materias primas. Así o confirman moitos dos seus clientes, que se queixan dos elevados prezos dos produtos máis básicos da cesta da compra.  

O perfil dos consumidores de comida preparada é moi variado, e a oferta adáptase ás súas necesidades. Buscan comodidade, aforro pero tamén calidade. O xerente de Tahona di que ofrecen ata vinte e cinco pratos diferentes cada día con produtos frescos e cociñados coma na casa.

Os seus clientes son familias, xente maior e cada vez persoas máis novas, polo que están a  introducir unha gama de novos produtos pensando en todos os perfís e necesidades alimentarias.

Os clientes aseguran que estes establecementos están preocupados por ofrecer menús saudables e equilibrados. O pasado ano o consumo de comida preparada nos fogares aumentou nun once por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade