O consumo de drogas é un risco para as estruturas do Estado, segundo o xefe do GRECO en Galicia
O consumo de drogas é un risco para as estruturas do Estado, segundo o xefe do GRECO en Galicia
O xefe da unidade policial contra o crime organizado en Galicia bota en falta unha maior conciencia social sobre os problemas do consumo de drogas
Asegura que os delincuentes van sempre un paso por diante coas súas estratexias para non ser interceptados polas forzas de seguridade
O ano pasado foi histórico en canto a incautacións de droga en Galicia. O maior alixo de cocaína descuberto, 7,5 toneladas, chegou agochado entre atún. A organización criminal aparentaba importar peixe e marisco para traer a droga desde América do Sur ata Cambre.
"Loitamos contra grandes organizacións cun grandísimo poder económico e que invisten os beneficios desa actividade criminal en máis medios para protexerse."
O responsable da unidade policial contra o crime organizado en Galicia asegura que os delincuentes van un paso por diante, renovando as estratexias conforme son interceptados polas forzas de seguridade. Considera que fai falla unha maior concienciación cidadá sobre os problemas que causa o consumo de drogas.
"É un risco para todas as estruturas do Estado. Hai que formar a xuventude, que parece que esquecemos o problema que houbo nos anos 80 coa heroína. O consumo segue aumentando, banalízase o consumo de substancias consideradas menos graves como o haxix, a marihuana".
E concorda coa Fundación Galega Contra o Narcotráfico na necesidade dun plan especial contra o tráfico de drogas.