O control parental estará incluído nos móbiles por lei
O control parental estará incluído nos móbiles por lei
O Goberno está a ultimar unha nova lei de protección de menores que obrigará tamén os fabricantes a incluír información dos riscos do uso inadecuado dos seus produtos
O control parental vai ter que estar incluído obrigatoriamente nos teléfonos móbiles cando entre en vigor a futura lei para a protección dos menores na contorna dixital. Pero a día de hoxe son xa moitas as opcións para regular o tempo que os nenos pasan diante das pantallas.
En España os nenos pasan unha media de catro horas diarias diante das pantallas no seu tempo de ocio, fóra da escola. Na maior parte das familias este tempo negóciase entre pais e fillos, pero no verán estas limitacións adoitan ser máis laxas.
Na web do Instituto Nacional de Ciberseguridade hai unha listaxe de aplicacións que axudan as familias a controlar o contido das webs que visitan os menores e o tempo que invisten e tamén opcións máis avanzadas como o bloqueo de pagos ou a xeolocalización.
Consolas como Playstation ou Nintendo Switch poden xa limitar as horas de xogo e restrinxir contidos por idade. E tamén a maior parte dos móbiles e televisións intelixentes.
O Goberno está a ultimar unha nova lei de protección de menores que obrigará os fabricantes a incluír información dos riscos do uso inadecuado dos seus produtos e tamén a incorporación dun control parental que se activará por defecto á hora de configurar o dispositivo.