Publicador de contidos
Publicador de contidos

O corpo atopado no río Ulla é o do desaparecido Óscar García Lema

O corpo atopado no río Ulla é o do desaparecido Óscar García Lema

As probas determinan que non hai terceiras persoas implicadas no falecemento

Oscar desapareceu o 29 de marzo e dende entón houbo unha gran despregadura de busca

G24.gal 19/04/2023 14:45

A Garda Civil notificou que o cadáver aparecido na marxe do río Ulla en Teo xa está identificado.

Despois das investigacións feitas aseguran que son suficientes para afirmar que é o corpo de Óscar García Lema, e que será entregado á familia do xeito máis rápido posible.

Segundo a información achegada pola Benemérita, as probas determinan que non hai terceiras persoas implicadas no falecemento de Óscar.

Óscar García Lema de 62 anos, faltou da súa casa en Teo, no lugar de Cepeda, o mércores 29 de marzo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade