Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Coruxo asina o empate diante do Torrelavega (1-1)

O Coruxo asina o empate diante do Torrelavega (1-1)

Os dous goles marcáronse nos quince primeiros minutos da segunda parte

O excompostelanista Primo adiantou os visitantes e igualou Álex Pérez

G24.gal 12/10/2024 18:57

O Coruxo conseguiu salvar un empate diante da Ximnástica de Torrelavega na sétima xornada do campionato da Segunda Federación. É a primeira igualada do equipo dirixido por David de Dios que sumara ata o de agora tres vitorias e tres derrotas. 

Os goles chegaron no segundo tempo. O excompostelanista Óscar Primo marcou para os visitantes cun gran remate desde fóra da área co que sorprendeu a Esteban Ruíz. Igualou o equipo local pouco despois nun gran pase de Nacho Fariña que mandou á rede Álex Pérez despois de pegar dúas veces o coiro no traveseiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos