O Coruxo suma seis partidos sen perder, pese a errar unha pena máxima no 90' (1-1)
Andriu dispuxo da oportunidade de gañar dende os once metros, pero non atinou no disparo
Davo e Gabri foron os goleadores
O Coruxo deixou escapar vivo ao Langreo logo de errar un penalti nos últimos intres.
A primeira parte comezou cun notable dominio do conxunto asturiano, que monopolizou a posesión do esférico durante os primeiros vinte minutos. Con todo, o fútbol depende de marcar goles, e aí o primeiro en acertar foi o Coruxo. Un envío largo convértese nunha grande ocasión tras o erro da zaga e Davo non perdoa cunha vaselina perfecta. Nin dous minutos durou a ledicia, Gabri recolleu o balón na área e estaleceu o empate co que se chegou ao descanso. Iso si, o Langreo gozou dunha ocasión moi clara na última xogada, pero non foi quen de tirar a porta.
Na segunda metade, ambos equipos comezaron con máis medo a perder que ganas de vencer. Aínda así, pronto chegaron as oportunidades e o Coruxo a piques estivo de ver porta. Antes de cumprir a media hora, o Langreo respondeu cunha acción dende o curruncho solucionada por Alberto. A partir de aí calmouse, ata que o partido estoupou no minuto 88, cando o colexiado sinala como penalti un derribo na área tras outro saque de esquina. Dende os once metros, e xa no último minuto, Andriu enviou lonxe do pau a opción de gañar o partido.
Os vigueses perden a opción de durmir en playoff, o que si farán os asturianos, que seguen na quinta posición.