Publicador de contidos
Publicador de contidos

O crime do barrio das Flores chega ao TSXG

O crime do barrio das Flores chega ao TSXG

A defensa insiste en que non hai proba directa e solicita a revogación da sentenza

G24.gal 11/12/2023 15:01

O xa condenado asistiu á vista de apelación por videoconferencia desde o cárcere, onde permanece desde o pasado mes de xullo. Daquela castigárono con 21 anos de cadea, tras ser declarado polo xurado popular culpable de acabar coa vida dun suposto narcotraficante, ao que lle asestou 18 coiteladas na súa vivenda do barrio das Flores.

"Hai indicios e feitos probados que non discute a propia defensa, e eses feitos probados cremos, nós e tamén o ministerio público, que son máis ca suficientes. Aínda así, sostemos que os restantes tamén foron máis ca demostrados ao longo das sesións do xuízo", explica Diego Reboredo, avogado da acusación particular.

Por outra banda, o avogado da defensa segue sinalando que non existen probas directas que o sitúen a mañá de autos na súa vivenda e que o acoitelase. "Os indicios que tivo en conta o xurado non son suficientes a tal fin". Consideramos que é absolutamente inocente", concluíu Manuel Ferreiro, avogado da defensa.

Por isto solicita a revogación da sentenza e que se proceda á absolución do seu cliente. Agora o alto tribunal galego será quen dite sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade