O Culturgal reúne en cinco escenarios máis de 100 actividades culturais
O Culturgal reúne en cinco escenarios máis de 100 actividades culturais
Celébrase durante toda a fin de semana no Pazo da Cultura de Pontevedra
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta fin de semana unha nova edición do Culturgal. A feira reúne as producións máis destacadas deste ano, pero tamén serve de escaparate para as propostas que están por vir.
Literatura, música, artes escénicas, arte contemporánea e propostas para o público infantil: toda a oferta da cultura galega concentrada en cinco escenarios con máis de 100 actividades.
Entre as novidades que van vir atópase o proxecto Nós. É a primeira aplicación de síntese de voz que vai permitir que os dispositivos tecnolóxicos se comuniquen coas persoas en galego.
Esa diversidade de voces é tamén a que busca o Culturgal, que se presenta por primeira vez como a Feira das Culturas Galegas. Xuntas forman un sector do que viven máis 35.000 profesionais.