Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CXPX reprocha as críticas de Teresa Ribera sobre o xuíz García-Castellón

O CXPX reprocha as críticas de Teresa Ribera sobre o xuíz García-Castellón

A Comisión Permanente sostén que esas palabras minguan a confianza dos cidadáns na Xustiza

G24.gal 19/01/2024 18:33

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial aprobou por unanimidade unha declaración institucional en que amosa o seu "rotundo rexeitamento" ás críticas que a vicepresidenta terceira do Goberno, Teresa Ribera, fixo ao xuíz do caso Tsunami, Manuel García-Castellón.

Nunha entrevista concedida este venres, Ribera asegurou que García-Castellón "ten unha implicación política importante e adoita saír a colación en momentos sensibles", despois de que insistira na imputación por terrorismo ao expresidente catalán, Carles Puigdemont.

A Comisión Permanente sostén que esas palabras minguan a confianza dos cidadáns na xustiza e contribúen á deterioración institucional, polo que "merecen un rotundo rexeitamento, máxime se interfiren nunha investigación en curso dos feitos".

Na súa declaración pide "prudencia", "mesura" e "responsabilidade institucional" para evitar "a utilización política da Xustiza ou o cuestionamento da independencia, a imparcialidade e a profesionalidade" dos membros da xudicatura.

Segundo expresou a Comisión Permanente, as declaracións de Ribera "son contrarias ao principio de lealdade institucional" e "ao deber xeral de respecto á independencia xudicial" nun Estado de dereito que ten como principio esencial a separación de poderes.

Tamén recalca que a actuación do Poder Xudicial persegue en todo momento o cumprimento da lei e a defensa dos dereitos dos cidadáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade