Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Defensor do Pobo reitera as súas dúbidas sobre a traxedia de Melilla

O Defensor do Pobo reitera as súas dúbidas sobre a traxedia de Melilla

Conclúe tamén que as 470 devolucións se fixeron sen suficiente base legal

O segundo informe di que as devolucións se fixeron sen suficiente base legal O segundo informe di que as devolucións se fixeron sen suficiente base legal
G24.gal 02/12/2022 13:07

O Defensor do Pobo Ángel Gabilondo reafirmou no seu segundo informe ao Ministerio do Interior as súas dúbidas sobre a actuación na traxedia de Melilla do 24 de xuño, en que morreron 23 migrantes. 

A institución non se dá por satisfeita coas explicacións recibidas sobre a proporcionalidade da resposta ou o auxilio prestado aos feridos. Conclúe tamén que as 470 devolucións se fixeron sen suficiente base legal. O ministro do Interior Fernando Grande-Marlaska reitérase nas súas explicacións e asegura que o informe do Defensor do Pobo non compromete a versión do ministerio.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade