Publicador de contidos
Publicador de contidos

O denunciante do caso Mediador di que hai quince deputados do PSOE implicados

O denunciante do caso Mediador di que hai quince deputados do PSOE implicados

G24.gal 28/02/2023 21:09 Última actualización 28/02/2023 21:19

O PP pide a comparecencia de varios ministros para que dean explicacións no Congreso sobre o caso Mediador, a presunta trama corrupta nas Canarias, onde hai implicado un exdeputado socialista.

O PSOE anuncia que se presentará como acusación popular e fala de "responsabilidades individuais".  

O mediador da rede di que hai implicados ata quince deputados do PSOE.

Esta presunta trama recibía comisións de empresarios a cambio de axudarlles a ampliar os negocios, buscarlles subvencións ou retirarlles multas millonarias. 

Segundo o sumario, utilizaban o Congreso para demostrar o poder que tiñan. Os encontros con empresarios incluían drogas e remataban en locais de prostitución. O exdeputado socialista Juan Bernardo Fuentes négao todo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade